jueves, 1 de marzo de 2012

Unas 20.000 personas en Galicia protestan contra la reforma

Cientos de personas se concentraron ayer en el Toural, en Santiago // Manifestantes ayer en la plaza de Armas de Ferrol

Fuente: El correo gallego

(en Santiago se sumaron en torno a 600 -1.500 según los convocantes)

domingo, 26 de febrero de 2012

jueves, 16 de febrero de 2012

19 de febreiro: mobilizacións en Galicia contra a reforma laboral

A reforma terá unha resposta de mobilización crecente e sostida no tempo, con asembleas e actos informativos nos centros de traballo e territorios. O 19 de febreiro terán lugar manifestacións nas principais cidades de Galicia e de todo o estado, e 29 de febreiro, nova xornada de mobilización coincidindo coa acción reivindicativa da CES en toda Europa. Antes de pensar nunha resposta máis contundente como a folga xeral, os sindicatos queren escoitar os traballadores e traballadoras, á cidadanía, aínda que está en mans do Executivo reconducir esta situación mediante a negociación.

A reforma laboral que o Goberno central aprobou o pasado 10 de febreiro a modo de Real Decreto, mereceu unha crítica radical do movemento sindical. Para CCOO e UGT, a reforma laboral é inxusta cos traballadores e coas traballadoras, contraproducente para a economía e inútil para o emprego. Como denunciou o secretario xeral confederal de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, na súa comparecencia diante dos medios de comunicación, esta é unha reforma imposta polo FMI, o Banco Central Europeo e os gobernos de Alemaña e Francia, «e escrita coa pluma de CEOE e FEDEA», unha fundación ao servizo da banca española.
Esta reforma non só non vai crear emprego, senón que vai favorecer a súa destrución. Desprotexe os traballadores e as traballadoras e favorece un maior poder discrecional dos empresarios. Ademais, vai condenar definitivamente a mocidade ao desemprego ou á infracontratación e penaliza as persoas desempregadas sen prestacións nas súas posibilidades de contratación.

jueves, 12 de enero de 2012

O 2011 foi un ano nefasto para o emprego en Galicia

Para CCOO, o principal problema de Galicia son as 258.234 persoas en paro, problema que non se vai resolver se seguen as políticas de axuste que contraen o crecemento da actividade e, polo tanto, do emprego.

Os datos do paro rexistrado e da afiliación á Seguridade Social evidencian que as duras políticas de axuste económico aplicadas, tanto polo Goberno Central como polo galego, están tendo o resultado contrario ao que se pretendía. Se a actividade económica non se recupera, o que non pasará sen cambios na política económica, fiscal e financeira, non haberá creación de emprego.

Neste grave contexto social, CC OO demanda dos gobernos central e autonómico a aplicación doutras políticas que poñan no seu centro a protección ás persoas, e o emprego como principal problema da sociedade que permita a saída da crise en mellores condicións e sen redución de dereitos.


Fuente: CCOO Galizia

jueves, 22 de diciembre de 2011

Con nuestros mejores deseos

(pincha en la imagen para agrandar)

jueves, 10 de noviembre de 2011

Información sobre a Lei de Dependencia

Estatal


LEY 39/2006, de 14 de diciembre, de Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las personas en situación de dependencia.


Real Decreto 615/2007, de 11 de mayo, por el que se regula la Seguridad Social de los cuidadores de las personas en situación de dependencia.




Autonómica



Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

Decreto 195/2007, de 13 de setembro, polo que se regula o Servizo Galego de Apoio á Movilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes.

jueves, 8 de septiembre de 2011

Preto de 3.000 persoas en toda Galicia rexeitaron a reforma da Constitución e reclamaron un referendo

Ao redor de 3.000 persoas responderon a convocatoria realizada por UGT, CCOO e USO rexeitando esta tarde a reforma da Constitución que promoveron os grupos parlamentarios do PSOE e do PP, e reclamando un referendo.

Os tres sindicatos convocaron concentracións baixo o lema «Contra a reforma, eu quero votar» que tiveron lugar diante da Delegación do Goberno na Coruña —na que participaron os secretarios xerais de CCOO e UGT, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez—, diante da Subdelegación do Goberno en Lugo —á que acudiu o secretario xeral de USO, Antonio Duarte Álvarez—, diante da Subdelegación do Goberno en Ourense e diante das instalacións da Xunta de Galicia en Vigo.