jueves, 8 de septiembre de 2011

Preto de 3.000 persoas en toda Galicia rexeitaron a reforma da Constitución e reclamaron un referendo

Ao redor de 3.000 persoas responderon a convocatoria realizada por UGT, CCOO e USO rexeitando esta tarde a reforma da Constitución que promoveron os grupos parlamentarios do PSOE e do PP, e reclamando un referendo.

Os tres sindicatos convocaron concentracións baixo o lema «Contra a reforma, eu quero votar» que tiveron lugar diante da Delegación do Goberno na Coruña —na que participaron os secretarios xerais de CCOO e UGT, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez—, diante da Subdelegación do Goberno en Lugo —á que acudiu o secretario xeral de USO, Antonio Duarte Álvarez—, diante da Subdelegación do Goberno en Ourense e diante das instalacións da Xunta de Galicia en Vigo.