viernes, 27 de abril de 2012

29 de abril/ 1 Maio. En defensa do emprego e dos servizos públicos

http://www.galicia.ccoo.es/webgalicia/menu.do?Informacion:Campanas:343708

SANTIAGO DE COMPOSTELA: Manifestación ás 12 horas. Saída da Alameda e remate na praza das Praterías.

jueves, 26 de abril de 2012

28 de Abril de 2012, Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo

Hai alternativa! Traballo digno e seguro. Con sindicatos, o traballo é máis seguro

UGT e CCOO levamos desde o inicio da crise alertando das terribles consecuencias que poden ter para a saúde laboral a tentación dos empresarios de non considerar prioritarios os investimentos en prevención, así como dos recortes na materia por parte das Administracións públicas.

Medidas como a retirada de melloras de convenio en materia de incapacidade temporal ou a cesión do control da IT ás mutuas, unidas ao medo a perder o emprego (faltar nove días ao traballo de forma intermitente durante dous meses, incluso con baixa médica xustificada, é causa de despedimento obxectivo, como establece a última reforma laboral aprobada polo Goberno) fan que os traballadores e traballadoras do noso país acudan ao seu posto de traballo sen se recuperaren da súa enfermidade, coas conseguintes consecuencias para a súa saúde individual e mais para a saúde pública.