jueves, 12 de enero de 2012

O 2011 foi un ano nefasto para o emprego en Galicia

Para CCOO, o principal problema de Galicia son as 258.234 persoas en paro, problema que non se vai resolver se seguen as políticas de axuste que contraen o crecemento da actividade e, polo tanto, do emprego.

Os datos do paro rexistrado e da afiliación á Seguridade Social evidencian que as duras políticas de axuste económico aplicadas, tanto polo Goberno Central como polo galego, están tendo o resultado contrario ao que se pretendía. Se a actividade económica non se recupera, o que non pasará sen cambios na política económica, fiscal e financeira, non haberá creación de emprego.

Neste grave contexto social, CC OO demanda dos gobernos central e autonómico a aplicación doutras políticas que poñan no seu centro a protección ás persoas, e o emprego como principal problema da sociedade que permita a saída da crise en mellores condicións e sen redución de dereitos.


Fuente: CCOO Galizia