jueves, 16 de junio de 2011

CCOO e UGT presentaron máis dun millón de sinaturas en defensa da ILP polo emprego estable e con dereitos

CCOO e UGT lograron máis dun millón de sinaturas en defensa da iniciativa lexislativa popular (ILP) «Emprego estable e con dereitos». En menos de tres meses as dúas confederacións sindicais lograron máis do dobre dos apoios necesarios, o que desde as dúas organizacións valoran como «resposta sen precedentes».

Os secretarios xerais confederais, Ignacio Fernández Toxo (CCOO) e Cándido Méndez (UGT) rexistraron hoxe as sinaturas na Xunta Electoral Central, en Madrid. Previamente puxéronse á fronte dunha multitudinaria manifestación durante a que insistiron en que «non imos parar ata conseguir reverter a reforma laboral». No acto reivindicativo participou tamén unha delegación do Sindicato Nacional de CCOO, encabezada polo secretario xeral, Xosé Manuel Sánchez Aguión.


Gaceta sindical especial

martes, 14 de junio de 2011

CCOO reclama un rexistro de empresas sancionadas por incumprir a normativa de prevención de riscos laborais



Así o expresou esta mañá a secretaria de Saúde Laboral, Ascensión Esteban, no marco dunha xornada organizada polo sindicato con motivo dos dezaseis anos transcorridos desde a aprobación da Lei de prevención. A sindicalista tamén instou a que a Fiscalía e a Inspección de Traballo actúen con axilidade na investigación dos accidentes de traballo.

En construcción

Muy pronto, toda la información a vuestra disposición desde este espacio, que esperamos sea de vuestro agrado.