jueves, 16 de junio de 2011

CCOO e UGT presentaron máis dun millón de sinaturas en defensa da ILP polo emprego estable e con dereitos

CCOO e UGT lograron máis dun millón de sinaturas en defensa da iniciativa lexislativa popular (ILP) «Emprego estable e con dereitos». En menos de tres meses as dúas confederacións sindicais lograron máis do dobre dos apoios necesarios, o que desde as dúas organizacións valoran como «resposta sen precedentes».

Os secretarios xerais confederais, Ignacio Fernández Toxo (CCOO) e Cándido Méndez (UGT) rexistraron hoxe as sinaturas na Xunta Electoral Central, en Madrid. Previamente puxéronse á fronte dunha multitudinaria manifestación durante a que insistiron en que «non imos parar ata conseguir reverter a reforma laboral». No acto reivindicativo participou tamén unha delegación do Sindicato Nacional de CCOO, encabezada polo secretario xeral, Xosé Manuel Sánchez Aguión.


Gaceta sindical especial