viernes, 12 de agosto de 2011

CCOO e UGT intensificarán en setembro as mobilizacións en defensa do emprego e do Estado do benestar

As mobilizacións sindicais desembocarán en outubro na Xornada Mundial polo Traballo Decente, que desde hai uns anos convoca a Confederación Sindical Internacional (CSI), da que tanto CCOO como a UGT forman parte.

Os sindicatos defenden priorizar a recuperación económica e a creación de emprego, opción «estreitamente vinculada» ás iniciativas da Confederación Europea de Sindicatos (CES), que na actualidade preside Ignacio Fernández Toxo. Para CCOO e UGT, cómpre afrontar a crise das débedas soberanas con medidas «eficaces e solidarias», alongar os prazos para a redución dos déficits públicos e facelo con «medidas socialmente xustas», gravar as transaccións financeiras, promover o cambio de modelo produtivo, defender o modelo social europeo e a calidade dos servizos públicos, así como reivindicar o valor da negociación colectiva e a autonomía dos interlocutores sociais.

lunes, 1 de agosto de 2011

Publicadas no BOE as prestacións por coidado hospitalario ou en domicilio de menores con cancro ou outra enfermidade grave

Ten por obxecto compensar a perda de ingresos que sofren as persoas interesadas ao ter que reducir a súa xornada, coa conseguinte diminución de salarios ocasionada pola necesidade de coidar de forma directa, continua e permanente aos fillos ou menores ao cargo durante o tempo de hospitalización e tratamento continuado da enfermidade.



Serán persoas beneficiarias do subsidio as traballadoras por conta allea e por conta propia e asimiladas que reduzan a súa xornada de traballo en, cando menos, un 50% da súa duración, sempre que reúnan a condición xeral de estar afiliadas e en alta nalgún réxime do sistema da Seguridade Social e acrediten os períodos mínimos de cotización exixíbeis en cada caso.



(Texto completo aquí)