viernes, 12 de agosto de 2011

CCOO e UGT intensificarán en setembro as mobilizacións en defensa do emprego e do Estado do benestar

As mobilizacións sindicais desembocarán en outubro na Xornada Mundial polo Traballo Decente, que desde hai uns anos convoca a Confederación Sindical Internacional (CSI), da que tanto CCOO como a UGT forman parte.

Os sindicatos defenden priorizar a recuperación económica e a creación de emprego, opción «estreitamente vinculada» ás iniciativas da Confederación Europea de Sindicatos (CES), que na actualidade preside Ignacio Fernández Toxo. Para CCOO e UGT, cómpre afrontar a crise das débedas soberanas con medidas «eficaces e solidarias», alongar os prazos para a redución dos déficits públicos e facelo con «medidas socialmente xustas», gravar as transaccións financeiras, promover o cambio de modelo produtivo, defender o modelo social europeo e a calidade dos servizos públicos, así como reivindicar o valor da negociación colectiva e a autonomía dos interlocutores sociais.