lunes, 3 de septiembre de 2012

El grupo Halago negocia la compra de la fábrica de Panrico en Santiago

La planta cerrará el 31 de septiembre si no se llega a un acuerdo con alguna empresa del sector

Según el comité de empresa de la planta de Santiago, desde el inicio de las negociaciones con la compañía, esta siempre apuntó su disposición a facilitar la venta de la planta compostelana a otro grupo empresarial en caso de existir interés.
http://www.economiadigital.es/gles/notices/2012/08/el_grupo_halago_negocia_la_compra_de_la_fabrica_de_panrico_en_santiago_26342.php

martes, 31 de julio de 2012

Inicio del proceso legal de ERE de extinción

Os dejamos el enlace al comunicado resumen con la postura de CCOO en la reunión de inicio del plazo legal para la negociación del ERE
http://goo.gl/plkf2

viernes, 27 de abril de 2012

29 de abril/ 1 Maio. En defensa do emprego e dos servizos públicos

http://www.galicia.ccoo.es/webgalicia/menu.do?Informacion:Campanas:343708

SANTIAGO DE COMPOSTELA: Manifestación ás 12 horas. Saída da Alameda e remate na praza das Praterías.

jueves, 26 de abril de 2012

28 de Abril de 2012, Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo

Hai alternativa! Traballo digno e seguro. Con sindicatos, o traballo é máis seguro

UGT e CCOO levamos desde o inicio da crise alertando das terribles consecuencias que poden ter para a saúde laboral a tentación dos empresarios de non considerar prioritarios os investimentos en prevención, así como dos recortes na materia por parte das Administracións públicas.

Medidas como a retirada de melloras de convenio en materia de incapacidade temporal ou a cesión do control da IT ás mutuas, unidas ao medo a perder o emprego (faltar nove días ao traballo de forma intermitente durante dous meses, incluso con baixa médica xustificada, é causa de despedimento obxectivo, como establece a última reforma laboral aprobada polo Goberno) fan que os traballadores e traballadoras do noso país acudan ao seu posto de traballo sen se recuperaren da súa enfermidade, coas conseguintes consecuencias para a súa saúde individual e mais para a saúde pública.

lunes, 19 de marzo de 2012

Recollida de apoios á folga xeral do 29-M desde as empresas




(Pincha en la imagen para acceder tanto al documento de adhesión como  al listado de apoyos)


É moi importante que a opinión pública coñeza que nas empresas os traballadores e traballadoras están a favor da folga xeral, e que os seus órganos de representación tamén, e que están a desenvolver as accións posibles para informar os efectos da reforma laboral e das nosas alternativas para a creación de emprego de calidade e con dereitos.


sábado, 10 de marzo de 2012

CCOO acorda convocar xunto a UGT Folga Xeral para o próximo 29 de marzo

 O Consello Confederal de CC OO decidiu por unanimidade convocar unha folga xeral xunto con UGT para o próximo 29 de marzo contra a reforma laboral e en defensa dos servizos públicos.
Na Resolución, o Consello Confederal de CCOO anuncia ademais "a vontade de manter a presión social e dos traballadores e traballadoras despois desta data para modificar substancialmente a súa reforma se o Goberno non rectifica e se aviene a negociar".

jueves, 1 de marzo de 2012

Unas 20.000 personas en Galicia protestan contra la reforma

Cientos de personas se concentraron ayer en el Toural, en Santiago // Manifestantes ayer en la plaza de Armas de Ferrol

Fuente: El correo gallego

(en Santiago se sumaron en torno a 600 -1.500 según los convocantes)

domingo, 26 de febrero de 2012

jueves, 16 de febrero de 2012

19 de febreiro: mobilizacións en Galicia contra a reforma laboral

A reforma terá unha resposta de mobilización crecente e sostida no tempo, con asembleas e actos informativos nos centros de traballo e territorios. O 19 de febreiro terán lugar manifestacións nas principais cidades de Galicia e de todo o estado, e 29 de febreiro, nova xornada de mobilización coincidindo coa acción reivindicativa da CES en toda Europa. Antes de pensar nunha resposta máis contundente como a folga xeral, os sindicatos queren escoitar os traballadores e traballadoras, á cidadanía, aínda que está en mans do Executivo reconducir esta situación mediante a negociación.

A reforma laboral que o Goberno central aprobou o pasado 10 de febreiro a modo de Real Decreto, mereceu unha crítica radical do movemento sindical. Para CCOO e UGT, a reforma laboral é inxusta cos traballadores e coas traballadoras, contraproducente para a economía e inútil para o emprego. Como denunciou o secretario xeral confederal de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, na súa comparecencia diante dos medios de comunicación, esta é unha reforma imposta polo FMI, o Banco Central Europeo e os gobernos de Alemaña e Francia, «e escrita coa pluma de CEOE e FEDEA», unha fundación ao servizo da banca española.
Esta reforma non só non vai crear emprego, senón que vai favorecer a súa destrución. Desprotexe os traballadores e as traballadoras e favorece un maior poder discrecional dos empresarios. Ademais, vai condenar definitivamente a mocidade ao desemprego ou á infracontratación e penaliza as persoas desempregadas sen prestacións nas súas posibilidades de contratación.

jueves, 12 de enero de 2012

O 2011 foi un ano nefasto para o emprego en Galicia

Para CCOO, o principal problema de Galicia son as 258.234 persoas en paro, problema que non se vai resolver se seguen as políticas de axuste que contraen o crecemento da actividade e, polo tanto, do emprego.

Os datos do paro rexistrado e da afiliación á Seguridade Social evidencian que as duras políticas de axuste económico aplicadas, tanto polo Goberno Central como polo galego, están tendo o resultado contrario ao que se pretendía. Se a actividade económica non se recupera, o que non pasará sen cambios na política económica, fiscal e financeira, non haberá creación de emprego.

Neste grave contexto social, CC OO demanda dos gobernos central e autonómico a aplicación doutras políticas que poñan no seu centro a protección ás persoas, e o emprego como principal problema da sociedade que permita a saída da crise en mellores condicións e sen redución de dereitos.


Fuente: CCOO Galizia